Bóveda terá biografía ilustrada

O álbum sobre o galeguista conseguiu 4.500 euros para se editar mediante crowdfunding

16/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Capa de Bóveda

Un total de 215 mecenas reuniron un total de 4.511 euros para editar a obra Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza mediante a plataforma de crowdfunding Verkami. O traballo, con debuxos de Carlos Sardiña e textos de Pitusa Arias, percorre a biografía do galeguista fusilado no 36. Aínda que anunciado como "banda deseñada, novela ou biografía gráfica" a obra contén unha soa ilustración por páxina acompañada por textos ao pé, en formato apaisado.

Páxina de Bóveda
Páxina de Bóveda

Logo de conseguir os fondos necesarios, imprimiranse as 1.000 copias deste álbum ilustrado a toda cor e de 46 páxinas, que os promotores queren comezar a enviar aos mecenas o vindeiro 15 de febreiro. Para alén dos colaboradores, a obra poderá adquirirse na Libraría Paz, en Pontevedra e en Contos, en Fene. Tamén se poderá solicitar por correo a homenaxeboveda@gmail.com.

Segundo destacan desde Radiofusión, entidade promotora do proxecto, o crowdfunding conseguiu un amplo eco internacional e mesmo acadaron os parabéns do historiador británico Paul Preston, quen se comprometeu a difundir a iniciativa. Ademais os promotores foron tamén convidados a presentar o proxecto nun encontro de investigadores sobre didáctica da historia na Universidade de Valencia.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Contos, Universidade de Valencia, Fene...