The Waylanders completa o seu crowdfunding de 133.000 euros

O videoxogo do estudio coruñés Gato Salvaje tamén sairá como xogo de mesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
The Waylanders completa o seu crowdfunding de 133.000 euros

Un total de 2.800 patrocinios na plataforma de crowdfunding Kickstarter achegáronlle ao estudio coruñés Gato Salvaje os 133.000 euros que solicitaba para desenvolver o videoxogo The Waylanders. Este jogo de rol, ambientado nunha Galicia mítica entre a época castrexa e a Idade Media, combina elementos de aventura con estratexia de grupo. O xogo sairá á venda con versións en galego, castelán, inglés e alemán, e ten aberto ata mañá, 16 de novembro, o prazo de financiamento para desbloquear novas funcionalidades. O proxecto contará tamén cun xogo de taboleiro con miniaturas que publicará Eclipse Editorial e que tamén conseguiu o seu financiamento, 77.240 dólares mediante un crowdfunding en Kickstarter.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade Media, Medios de comunicación