A versión definitiva de The Waylanders xa está á venda

Está dispoñible na plataforma Steam

Está dispoñible na plataforma <em>Steam</em>
Fotograma de The Waylanders
A produtora Gato Estudio iniciou a andaina de The Waylanders en 2018 cun crowdfunding na plataforma Kickstarter en novembro de 2018. Xa de aquela o xogo conseguirá un apoio de 133.000 euros por parte de patrocinadores de todo o mundo. Onte, a andaina de desenvolvemento finalizou. A plataforma de venda de videoxogos Steam xa permite a descarga da versión definitiva deste xogo de rol de produción galega, pero cun amplo equipo internacional. Ata o momento, era posible descargar versións de desenvolvemento. The Waylanders recrea unha Galicia fantástica ambientada en dúas épocas: nunha prehistoria mitolóxica vinculada a Brigantia e o mito de Breogán e outra medieval, máis vinculada ao Camiño de Santiago. No xogo recréanse tamén numerosos elementos da mitoloxía tradicional galega. É o videoxogo galego máis ambicioso e con maior orzamento desenvolvido ata a data.

Trailer de The Waylanders