Camilo Franco busca a faceta teatral dos cidadáns cun proxecto

Intégrase dentro da programación da FIOT de Carballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

¿Quere ser ou non un personaxe teatral?. Baixo este título, o crítico teatral e xornalista, Camilo Franco, pretende buscar a faceta dramática de cidadáns anónimos. No marco da programación do Festival Internacional de Outono de Carballo (FIOT), Franco contará cunha zona reservada das instalacións municipais onde falará cos cidadáns que queiran explorar a personaxe que leva dentro. O proxecto é unha das novidades da FIOT desta edición e, a patir das entrevistas Camilo Franco elaborará unha montaxe que se publicará no blog habilitado para a iniciativa.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con FIOT, Carballo, Camilo Franco Iglesias, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)