O xornalista e crítico teatral Camilo Franco pasou moitos anos vendo espectáculos e exposicións, pero agora dáse a volta e olla para o público. Por iso imparte agora no Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT) o curso A Escola do Espectador. Catro sesións nas que o público aprende a ter unha ollada máis crítica sobre o teatro e o crítico a coñecer máis os gustos e intereses do público. Falamos con el para coñecer o proxecto e a súa perspectiva da programación teatral galega actual.
"Nos últimos anos teño certa curiosidade por saber que opina a xente dos produtos culturais, máis que saber o que opinan os profesionais ou outros axentes culturais", asegura Camilo Franco, quen antes que esta Escola do Espectador de Carballo realizou a principios de ano a experiencia "Queres ser arte contemporánea?" no Centro Galego de Arte Contemporánea, no que a partir da mostra 93, Camilo Franco entrevistaba a espectadores da mostra para coñecer a relación entre arte e público.
"As cousas importantes temos que aprendelas, non nolas ensinan. Ninguén nos ensina a ser pai, nin parella, por moito que cho conten", asegura Camilo Franco, "e co ser espectador pasa un pouco igual. Vas conformando o teu gusto, ás veces razoable ou non, de xeito intuitivo". O xornalista decidiu aproveitar a súa experiencia profesional: "botei contas e creo que como espectador levo visto unhas 2.000 obras de teatro, así que algo debo ter aprendido!". Ao desenvolver a crítica teatral para la Voz de Galicia, "o meu traballo obrigoume a ter que desenvolver unha serie de mecanismos para formar e expresar a miña opinión".
A escola do espectador desenvólvese semanalmente durante o mes que dura o FIOT, todos os martes (a primeira sesión xa se realizou onte) e é gratuíta. Durante as sesións, os espectadores fórmanse nos aspectos técnicos e artísticos que permiten a comprensión e contribúan a formar unha opinión fundamentada, para tirarle máis partido á asistencia ao teatro. "Non hai tanta distancia entre o que percibe un espectador e máis eu", di Camilo, "pero o que se dotan é de ferramentas para entendelo nunha dimensión maior". Durante a primeira sesión de onte, Camilo Franco traballou determinadas actitudes previas en relación ao teatro clásico: "por exemplo, o espectador vai coa idea de que, se vai a ver un Shakespeare, forzosamente vai ser algo bo. Estivemos traballando en determinados prexuízos e averiguando que ven eles no teatro e que esperan ver".
Pero Camilo Franco cre traballar cun tipo de consumidor cultural moi determinado, o espectador de teatro: "o público de teatro é máis activo do que a xente e a propia profesión pensa. Para ser espectador de teatro en Galicia hoxe fai falta determinada decisión previa, non é algo que estea no aire da sociedade". Sen embargo, o xornalista e crítico teatral considera que ese espectador sufre "unha falta de contexto, porque recibe cousas demasiado diferentes e non sabe como encaixalas".
Esta falta de contexto á que alude Camilo Franco refírese á que considera fallos de pedagoxía por parte dos profesionais das artes escénicas para facer "pedagoxía" das súas propostas, e facelas comprensibles ao público. "Non se trata de rebaixar o nivel dos contidos senón de comunicalos mellor", asegura Camilo Franco, que cre que unha significativa parte do problema está en que o sistema educativo a penas aborda outro teatro que non sexa o Século de Ouro e que iso provoca que os grandes clásicos do século XX sigan a ser propostas case novidosas para moito dese público.
Un gran reto para a cultura galega
"O gran reto da cultura galega contemporánea", sinala Camilo Franco, "é precisamente saber que pensa o público, a quen nos diriximos, que ven cando lles contamos algo. Durante moitos anos a cultura galega viviu momentos máis eufóricos desde o punto de vista económico, pero agora precisamos os cartos dese público".
Pola súa experiencia, Camilo Franco advertiu un fenómeno curioso que xa lle acontecera no seu anterior proxecto no CGAC. "O espectador sempre lle concede un punto de autoridade ao emisor, así que se non comprende algo, bótase a culpa a si memos, e ás veces non é así e a culpa da incomprensión é máis ben do emisor, ata que deixas de ir ao museo ou ao teatro".
Unha programación 'Disney'?.
Se cadra sexan as necesidades económicas as que están condicionando enormemente as programacións locais de teatro, aproveitando as estratexias que se están a levar a cabo noutras industrias culturais, coma a do cine. "Impúxose o público familiar, que creo que vén de Disney. Contidos infantís con apuntamentos para que os maiores se distraían e contidos adultos que os nenos non chegan a entender pero que lles chaman a atención. As programacións teatrais de Galicia están marcadas polo público familiar e de humor, no que hai ausencias tremendas como en Vigo, no que debe haber meses nas que non hai unha obra de teatro. As programacións máis complets das cidades están na Coruña e Santiago". O crítico teatral apunta, sen embargo, gavanzas para as programacións de vilas como Cangas, Carballo, Narón ou Ribadavia, cos seus festivais e programación regular. "Son a demostración de que o público responde a unha boa programación", afirma.