Aurora Marco faise co Luis Tilve pola investigación de mulleres represaliadas

Xabier Fortes, o Proxecto Bubisher e o Museo do Pobo tamén foron premiados

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Aurora Marco leva uns anos traballando sobre as mullleres represalidas e no marco desa liña de investigación publicou As mulleres na guerrilla antifranquista galega . Precisamente este traballo acaba de valerlle o premio Luis Tilve que lle entregará este vernse. Canda ela tamén foron galardoados Xabier Fortes, o Proxecto Bubisher e o Museo do Pobo.

Son varios os premios que concede a Fundacion Luis Tilve de xeito anual e que constie nunha escultura exclusiva do artista César Lombera. A categoría “Traballo Digno” recaeu en Xabier Fortes López por “dignificar a profesión de xornalista ó servizo da información veraz, plural, independente e para os cidadáns”; o de “Acción Solidaria” foi para o Proxecto Bubisher, iniciativa xurdida nun centro escolar en Marín e que consiste nun autobús biblioteca que percorre os campamentos de refuxiados do Sahara. Completa o palmarés desta edición o premio “Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns” que foi para o Museo do Pobo Galego, “polo seu compromiso, dende fai anos, coa investigación, conservación, divulgación, promoción e defensa da cultura galega en tódolos seus ámbitos”.

A entrega de premios terá lugar este venres en Vigo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Guerrilla, César Lombera, Museo do Pobo Galego...