González del Blanco e a fotografía dos premios Ksado no Museo do Pobo

Hoxe inaugúrase unha retrospectiva do pintor de orixe leonesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Roberto González del Blanco foi un recoñecido pintor do século XX. Natural de León, integrouse plenamente na sociedade galega. A mostra que se poderá visitar no Museo do Pobo Galego ata o 8 de marzo contempla moitos dos debuxos, gravados, ilustracións para libros e mesmo vidreiras. Ao mesmo tempo, o 17 de febreiro rematará a mostra antolóxica, tamén acollida no Museo do Pobo, dos premios Luis Ksado de fotografía convocados pola Deputación da Coruña. A mostra é unha boa oportunidade para ver as instantáneas que foron recoñecidas no premio entre o ano 1997 e 2012.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Museo do Pobo Galego, Deputación da Coruña, León

Claves

Conceptos
Lugares