Cen especialistas en patrimonio reúnense en Compostela

O VI Encontro Nacional de Xestores do Patrimonio Mundial comezou onte

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

No marco dos actos de celebración dos XXV anos do Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo, a cidade de Compostela acolle desde onte o VI Encontro Nacional de Xestores do Patrimonio Mundial. Logo dunha primeira xeira de visitas á cidade, hoxe comezan os debates e conferencias que buscan analizar a situación e posibilidades destes bens, nunha edición que ten como fío conduto "Patrimonio Mundial e desenvolvemento sostible: o papel das comunidades locais". Canda á experiencia de Compostela, coñeceranse propostas como as de Segovia, Poblet, Ordesa e Monte Perdido ou a Casa Batlló, entre outros espazos protexidos.

Dentro dos actos de celebración deses 25 anos do recoñecemento do Camiño de Santiago, o Museo das Peregrinacións abre hoxe a mostra Memoria de peregrinación, Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo que percorre, mediante fotografías e unha peza audiovisual de Manuel Valcarcel e Alexandro González esta vía desde Europa Central ata Compostela.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Museo das Peregrinacións, Europa, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...