O Foro Mundial de Educación celebrarase por vez primeira nunha cidade europea nos seus dez anos de existencia. En concreto, entre os días 10 e 13 de decembro, Compostela acollerá os debates e conferencias deste encontro, que contará coa presenza de destacados persoeiros internacionais. O expresidente portugués Mario Soares, a presidenta do Parlamento Panafricano Gertrude Mongelia ou a Peter Weiss, da Asociación de Xuristas polo Desarme Nuclear, son algúns dos relatores que se achegarán ao noso país. O evento insírese no programa do Foro2010, que organizan a Fundación Cultura de Paz o Seminario Galego de Educación para a Paz e que desenvolverá as súas actividades entre o 3 e o 30 de decembro.
Compostela acollerá o Foro Mundial de Educación
O encontro inscríbese no Foro 2010 que se celebra ao longo de todo o mes de decembro
41 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
Claves temáticas
Conceptos