Remata no Consello da Cultura a III Xuntanza Preparatoria do Foro 2010

O encontro internacional reunirá en Compostela os principais especialistas en cultura de paz

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Federico Mayor Zaragoza preside esta mesma mañá o feche da III Xuntanza Preparatoria do Foro 2010. O encontro, que reúne trinta centros de educación e investigación para a paz de España e Portugal, ten por obxectivo organizar o foro internacional que se celebrará en Compostela entre o 9 e o 13 de decembro do vindeiro ano. O Foro, constituído cos auspicios da ONU e mais da UNESCO, pretende reunir na capital galega entidades e persoeiros dos campos da educación e da investigación para a paz e facer balance da Década da Cultura da Paz e a Non Violencia que estableceu a ONU e que remata nese mesmo ano.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, ONU, UNESCO, Portugal...