O Foro Social Galego achegará proxeccións e concertos a Compostela

Celébrase no Auditorio de Galicia a partir do 5 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A delegación galega do Foro Social Mundial celebra entre o 5 e o 7 de decembro o seu encontro de debate no Auditorio de Galicia. Neste evento, para alén de conferencias e mesas redondas sobre cuestións coma a soberanía alimentaria, as relacións de Galicia coa Lusofonía, o neoliberalismo ou a globalización alternativa, desenvolverase unha intensa programación cultural. Deste xeito a facultade de Filoloxía acollerá proxeccións continuas de audiovisuais no Salón de Graos, mentres as aulas 5 e 6 servirán para presentar iniciativas sociais e culturais do máis variado. Concertos coma os de Ataque Escampe, Sacha na Horta, Leo Arremecághona ou Tonhito de Poi son algunhas das propostas que completan o programa.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Lusofonía, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos