O Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), unha asociación civil non gobernamental ligada á UNESCO, informou favorablemente para a inclusión dos Camiños de Santiago do Norte de España na lista do Patrimonio Mundial. A decisión final adoptaraa o Comité de Patrimonio Mundial na súa reunión anual, que este ano terá lugar no mes de xullo na cidade alemá de Bonn.
Na elaboración desta candidatura teñen participado as comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, o PaÃs Vasco e A Rioxa. En setembro de 2014 tivo lugar a misión de avaliación de dous técnicos de ICOMOS, desenvolvéndose un programa de visitas que permitiu aos avaliadores coñecer os 16 lugares vencellados ao Camiño de Santiago do Norte propostos para a súa inscrición na Lista do Patrimonio Mundial. No caso de Galicia, estes lugares son a Catedral de Mondoñedo, a Catedral de Lugo, a Muralla romana e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
A declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio Mundial rematarÃa coa situación actual na que só o denominado Camiño Francés ten ese recoñecemento en España e recoñecerÃase a historia inicial da ruta de Santiago, vinculada aos camiños do Norte e en particular á peregrinación do rei asturiano Alfonso II o Casto no século IX.
Deste xeito, previsiblemente pasará a ser Ben Mundial a ruta xacobea que pasa por Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, AbadÃn, Vilalba, Baamonde (Begonte), Guitiriz, Friol, Sobrado dous Monxes, Boimorto e Arzúa, onde conecta co Camiño Francés. Tamén serÃa Patrimonio da Humanidade a ruta primitiva, que transcorre pola Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, GuntÃn, Friol e Palas de Rei, para conectar en Melide coa ruta francesa.