Chus Martínez recunca como comisaria xefe do Museo do Barrio de Nova York

Actualmente facía parte do equipo do Documenta de Kassel

A carreira profesional de Chus Martínez (Corme, 1972) continúa costa arriba, logo de conseguir algúns fitos. Entre eles cando en 2005 foi nomeada directora do Frankfurter Kinst Verein (FKV) de Frankfurt, sendo a primeira muller en ocupar este cargo. Agora suma unha nova etapa na súa carreira ao ser nomeada comisaria xefe do Museo do Barrio de Nova York, substituíndo a Deborah Cullen. Martinez é unha das persoas máis relevantes no mundo da arte, ata tal punto que en 2010 a revista Flash Art colocouna no posto 45.

Museo do Barrio de Nova York é un centro fundado en 1969 que xurdiu para estudar e difundir a cultura portorriqueña, pero que foi ampliando o seu ámbito de actuación para a cultur latina de Estados Unidos con atención á produción artística do Caribe e Lationamérica, en paralelo que foi incrementando prestixio internacional.
Martínez chega a Nova York logo de facer parte do equipo da 13 edición do Documenta de Kassel, no que recuncou logo dunha etapa fallida no MACBA.