Celestino García Braña na Academia, Chus Martínez en Frankfurt e Gerardo Porto en Amsterdam danlle nome propio á actualidade artística

Nomes con arte

4/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Real Academia Galega de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario acollía esta fin de semana un novo membro. O decano do Colexio de Arquitectos, Celestino García Braña, ingresaba nesta institución cun discurso no que salientou a importancia das formas industriais na arquitectura dos últimos dous séculos. Ao tempo, outra galega, Chus Martínez abre hoxe como directora as portas do centro de arte Kunstverein en Frankfurt, a segunda galería máis antiga da cidade. Finalmente, o pintor Gerardo Porto exporá o vindeiro ano unha selección de cincuenta pinturas e máis unha colección de cristais no museo Van der Tocht en Amsterdam.

Máis información sobre García Braña en Galicia Hoxe; a experiencia de Chus Martínez e mais a exposición de Gerardo Porto en La Voz de Galicia; o noso tema sobre a Academia de Belas Artes

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito