Prolingua e A Mesa apoian os procesados pola protesta do 8-F

Enfrontan 45 anos de cadea por se mobilizar contra a marcha de Galicia Bilingüe de 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Doce persoas son xulgadas hoxe en Compostela pola súa participación nas protestas contra a mobilización que o colectivo Galicia Bilingüe celebrou nesta cidade o oito de febreiro de 2009. En total, a fiscalía solicita 45 anos de cadea e 30.000 euros de multa pola súa participación nos enfrontamentos que se produciron naquela xornada, na que se rexistraron varias cargas policiais. Para alén de diferentes colectivos políticos e cidadáns, a plataforma Prolingua expresou nun comunicado a súa "total solidariedade coas encausadas e encausados do 8F" e esixe a retirada de todos os cargos, "convencidos de que o seu xuízo é un proceso político que converte os agredidos en agresores, que retrata o galego coma unha lingua imposta".

Pola súa banda, A Mesa pola Normalización denunciou publicamente que considera un “disparate arrepiante” a solicitude de pena e considera “incomprensíbel” que non se investigase a “abusiva actuación policial nesa xornada”, sinalando que as forzas da orde chegaron a identificar a persoas polo simple feito de falar galego.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Bilingüe, Lingua galega, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos