Graves incidentes na manifestación de Galicia Bilingüe en Compostela

Violencia e disturbios saldados con 10 detidos independentistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Santiago acolleu este domingo posiblemente a manifestación máis concorrida en contra da política de normalización lingüística da Xunta, organizada pola asociación Galicia Bilingüe. Varios miles de persoas (4.000 segundo La Voz de Galicia, 7.000 a policia local) marcharon para reivindicar as demandas da asociación, centradas no "rexeite ás imposicións lingüísticas da Administración". A manifestación tamén congregou a grupos de contramanifestantes e vivíronse momentos de tensión por mor do enfrontamento entre os dous bandos. Durante a intervención dos axentes antidisturbios tamén se produciron enfrontamentos entre a Policía e os contramanifestantes saldados coa detención de 10 independentistas.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Bilingüe, Normalización Lingüística, La Voz de Galicia, Santiago de Compostela