Unha plataforma cidadá esixe a paralización da Cidade da Cultura e levará o proxecto á Fiscalía Anticorrupción

Plataforma contra a CdC

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Para o vindeiro mércores está prevista a presentación pública da Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non. Este colectivo cidadán reúne medio cento de persoas, en boa parte vencelladas ao sindicato nacionalista CIG, reclama a paralización da sobras da Cidade da Cultura e a disolución da fundación que xestiona o proxecto. Ademais pretende denunciar ante a Fiscalía Anticorrupción a “malversción de fondos” que supuxo o proxecto e as irregularidades detectadas polo Consello de Contas. Pola súa banda, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, sinalou que as propostas desde colectivo “chegan tarde” e lembrou que houbo un período de participación cidadá para definir o proxecto.

Máis información no blog da plataforma, en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia, en Vieiros; en La Opinión; e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Ánxela Bugallo, La Opinión, CIG...