David Ferrando: Natural Scenes, 2006.
Artistas novos pero xa consolidados que analizan a actualidade desde diferentes perspectivas. A Fundación Seoane abría o pasado 18 de outubro Método […]: montaxe […] , a súa aposta expositiva para este outono e inverno. Da man de Manuel Olveira como comisario, o proxecto parte dunha cita de Walter Benjamin e traballa a recuperación de obxectos e fragmentos do pasado para a súa reinterpretación presente.

![Galería: Método […]: montaxe […]](https://culturagalega.gal/imaxes/edicion/Combarro_metodo_montaxe_seoane.jpg)

Obras de Colectiva Faena, Mónica Cabo, Nicolás Combarro, David Ferrando, Amaya González Reyes, Enrique Lista, Rita Rodríguez e Oriol Vilanova abordan esta perspectiva. A mostra pode verse ata o vindeiro 24 de febreiro.



