Na senda do suicidio

A Fundación Seoane revisa a última viaxe do filósofo Walter Benjamin

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Chema de Luelmo: S/t, 2002-2008

Chema de Luelmo: S/t, 2002-2008

Walter Benjamin (Berlin, 1892- Portbou, 1940) é unha das figuras máis relevantes do convulso século XX. A fundación Luis Seoane achégase á súa figura a través dunha exposición que percorre o último camiño do filósofo e escritor alemán. A fotografía de Chema Luelmo presenta a fronteira hispano-francesa (en Portbou) na que se suicidou Benjamin pensando que non lle deixarian cruzar os controis. O filósofo tiña pensado ir a Nova York onde o estaba a esperar Theodor Adorno (un dos fundadores da Escola de Frankfurt). A exposición, que ten o título Unterwegs. Al paso de Walter Benjamin, pódese ver na sede da fundación ata o 21 de marzo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cuestión de método

Cuestión de método

Método […]: montaxe […] é a aposta da Fundación Seoane para a nova temporada

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Fotografía, Frankfurt, Nova York

Claves

Entidades
Conceptos