O MARCO amosa o impacto do surrealismo en Colmeiro e Benjamín Palencia

A exposición ''A profundidade esencial da terra' presenta obras dos anos trinta de ambos creadores

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O MARCO amosa o impacto do surrealismo en Colmeiro e Benjamín Palencia

O MARCO de Vigo ven de abrir no seu primeiro andar a exposición 'A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta'. Carlos López Bernárdez é o comisario desta mostra que presenta o impacto desta corrente artística en no creador manchego e no galego . 'A profundidade esencial da terra' quere referenciar un momento da obra de Benjamín Palencia (Barrax, 1894-1980) e Manuel Colmeiro (Silleda, 1901-1999) nos anos trinta do pasado século, con ambos os artistas inseridos en prácticas modernizadoras e preocupados pola captación do universo antropolóxico desde unha perspectiva reivindicadora das súas esencias ancestrais. Coinciden na atracción polas culturas que na época eran denominadas "primitivas", polo popular e pola fascinación etnográfica que se detecta nestes anos . Segundo o comisario, o impacto neles do movemento surrealista é de ben diferente intensidade; porén, ambos partillan, como pano de fondo, semellanzas formais que están no contexto do influxo do surrealismo internacional. A exposición amosa fondos procedentes de diferentes coleccións públicas e privadas, así como galerías, que ata od e agora nunca foron amosadas conxuntamente. Estará aberta ao público ata o vindeiro 5 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Manuel Colmeiro, Carlos López, Silleda...