Cara a unha antropoloxía visual

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a exposición A mirada dos espazos

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:
A mirada dos espazos no Museo Etnolóxico de Ribadavia

A mirada dos espazos no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Unha selección de imaxes dos fondos do Museo Etnolóxico de Ribadavia compoñen a exposición A mirada dos espazos, que se inaugurou neste centro o pasado mes de setembro.

A partir de imaxes de diferentes autores, a exposición, que leva o lema de Cara a unha antropoloxía visual, pretende "proxectar unha ollada etnolóxica sistemática sobre os espazos visibles da sociedade que a imaxe fotográfica mostra e, ás veces, oculta". Deste xeito, amósase "un relato etnográfico no que asoman ámbitos e espazos da vida social, descritos e interpretados aqui como textos que suxiren, insinúan e falan".

Fotógrafos como Santiago Míguez Amil, Fernando García Fernández, Xenaro Martínez de Castro, Hipólito González Fernández, José Martín Sotelo Sancho ou Diego Quiroga e Losada, marqués de Santa María del Villar, entre outros, son os autores das fotografías que compoñen este relato, que convida a reflexionar sobre o papel da imaxe na memoria e na configuración da nosa identidade. A exposición poderá verse ao longo deste outono.

A mostra está dedicada á memoria de Benito Losada, desaparecido director da Casa da Xuventude de Ourense e promotor, entre outras iniciativas, do Outono Fotográfico.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Etnolóxico de Ribadavia, Antropoloxía, Xuventude, Identidade...