Arrinca o Fotoforum Compostela falando de dereitos de propiedade intelectual

O fotógrafo Fuco Reyes promove esta iniciativa que terá unha reunión mensual

9/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

¿Que se pode fotografar?, ¿cales son os nosos dereitos?, ¿Cómo se poden protexer e rexistrar as fotografías?, ¿que ocorre cando alguén emprega as nosas fotos?... As respostas as estas preguntas están na xornada que terá lugar esta tarde no Centro Galego de Arte Contemporánea (18:30horas) e para falar do tema estará Visi Lopez del Riego, avogada especializada en asesoría xuridica artística. Esta é a primeira das sesións do Fotoforum Compostela, un lugar de encontro arredor da fotografía que xorde co obxectivo de indagar en todos os aspectos relacionados coa imaxe e que promove o fotógrafo compostelán Fuco Reyes.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fuco Reyes, Fotografía, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago de Compostela