O Museo do Mar pásase á arte

Acolle a exposición Matadoiro 1983 de Amando ata o vindeiro 30 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Imaxe de presentación de Matadoiro 1983

Imaxe de presentación de Matadoiro 1983

Ás 19 horas de hoxe abre as súas portas Matadoiro 1983, unha ambiciosa exposición artística que concentra a actividade para outono do Museo do Mar de Galicia, en Vigo. O pintor Amando é o protagonista dunha mostra que recupera a súa serie pictórica Vacas e que se complementa con fotografías de documentación do proceso creativo destas obras, realizadas nos anos oitenta e pezas inéditas. O proxecto complétase coa proxección do documental La mirada del pintor realizado de xeito específico para esta actividade, e co seminario Tenme conta desta punta que analizará a evolución da Historia da Arte nos últimos 35 anos.

Un ciclo de cinema e actividades para nenos completan esta iniciativa, que aproveita o feito de estar o museo situado no antigo matadoiro da Cidade Olívica.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Historia da Arte, Museo do Mar de Galicia, Vigo...