As obras do Museo Etnográfico da Fonsagrada comezarán, se non hai novidade, esta semana. Logo de só catro dÃas de busca de apoio economico, os responsables do padroado do centro conseguiron que 26 veciños adiantasen 40.000 dun total de 50.000 euros necesarios para sufragar o proxecto de recuperación. Os traballos, que está previsto que se prolonguen durante un mes, inclúen desde o pintado de salas e a renovación de vitrinas e outros materiais, ata instalar un circuÃto de cámaras. O concello ten concedidas dúas subvencións para este traballo, que cobrará con posterioridades aos traballos e que permitirán devolver aos veciños o seu investimento. O padroado do museo optou por este sistema de recadación ante a negativa das entidades bancarias a lles dar crédito para iniciar as obras.