A Fonsagrada pon en marcha as obras do museo dedicado a Forges

O proxecto conta cun orzamento de 256.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

O humorista Antonio Fraguas Forges contará cun museo dedicado á súa figura na Fonsagrada, de onde era orixinario o seu pai. O Concello, con apoio do Goberno Central, iniciou os traballos para transformar o antigo consistorio da vila no Centro Cultural Forges en memoria dun dos referentes do humor gráfico estatal.

O proxecto conta cun investimento de 256.000 euros, dos cales 183.000 son achegas de fondos europeos Next Generation. A familia do humorista, falecido hai cinco anos, doou ao concello libros, debuxos orixinais e diferentes obxectos persoais que se exhibirán no novo centro de xeito permanente.

Ademais, o proxecto inclúe un espazo de información turística e un salón de actos que acollerá diferentes actividades culturais. Está previsto que as obras de acondicionamento finalicen o vindeiro mes de setembro.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fonsagrada, Humor, Antonio Fraguas, Goberno Central

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares