A Consellaría de Cultura leva a obra de Vítor Mejuto á Casa da Parra

Brión Boogie Woogie poderá verse ata o vindeiro mes de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
El abrazo de la mujer biónica de Vítor Mejuto

El abrazo de la mujer biónica de Vítor Mejuto

Os traballos pictóricos máis recentes de Vítor Mejuto poderán verse ata o vindeiro mes de decembro na Casa da Parra, de Santiago de Compostela. Organizada pola Consellaría de Cultura, Brión Boogie Woogie abría onte as súas portas amosando unha selección de obras nas que se inclúen tamén algúns dos traballos máis coñecidos do autor, nunha liña que se caracteriza polo emprego de cores, liñas e conxuntos xeométricos. A obra El abrazo de la mujer biónica recibe os visitantes, que poderán observar a evolución artística dun pintor que Cultura celebra como "un dos artistas galegos que se manteñen máis activos nos últimos anos".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brión, Santiago de Compostela