O Museo de Belas Artes lembra o traballo de Antonio Tenreiro cunha antolóxica

O pintor faleceu en 2006 logo dunha intensa carreira

27/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Casas de Antonio Tenreiro

Esta mesma tarde abre as súas portas no Museo de Belas Artes da Coruña Antonio Tenreiro 1923-2006. A exposición, coa que o centro repasa a obra deste pintor, falecido en 2006, poderá verse ata o vindeiro mes de novembro. Na mesma poderá verse unha ampla selección de obras que afondan no universo poético e intimista deste creador, no que predomina un estilo fauvista no que a cor cobra unha grande importancia. Tenreiro é coñecido tamén pola súa faceta arquitectónica, na que desenvolveu obras icónicas como a fonte das Paxariñas, na Coruña.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, A Coruña, Museo de Belas Artes da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares