Reler a colección é o título do novo proxecto que abría onte as súas portas no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Compostela. Esta iniciativa que comisaria o director do centro, Santiago Olmo, artéllase a través de tres exposicións diferentes que poderán visitarse ata o vindeiro 2 de outubro. Así Ensaio Visual parte dunha obra de Sukurov para establecer un diálogo entre distintos grupos de pezas, entre as que se atopan traballos deMona Hatoum, Liam Gillick ou Pedro Croft así como tamén as de artistas galegos como Misha Bies Golas ou Manuel Eirís. Pola súa banda, Louise Bourgeois. Cell preséntase como un caso de estudo sobre o coleccionismo institucional en España a partir dunha peza desta creadora. Finalmente, Estado de excepción propón "unha visión crítica, difícil e incómoda do momento actual no que o medo, o terrorismo, os exilios e as emigracións, as guerras e as súas memorias ameazan a permanencia e fortalecemento, dunha sociedade aberta, garantista e democrática" a partir da obra de Johan Grimonprez, Dial H-I-S-T-O-R-Y.
Segundo explica o propio centro, a iniciativa "tenta ser unha reflexión sobre o museo, a súa función social e a súa capacidade crítica de transformación, como un axente dinamizador de debates. Este proxecto pretende contribuír a que o museo se reforce como un espazo de investigación, de pensamento e de experimentación. Desde aí toma como obxectivo reconsiderar a importancia da colección como un dispositivo capaz de activar múltiples posibilidades desde o ámbito da educación á construción crítica de espazos sociais de memoria compartida.
A colección constitúe tamén a memoria do museo, xa que moitas das súas obras intégranse na colección como adquisicións a partir de exposicións temporais".
No marco desta iniciativa desenvolveranse unha conversa do comisario Ángel Calvo Ulloa, co artista Manuel Eirís (12 de xullo) e outra do artista Misha Bies Golas co creador e investigador Jorge Varela e co tamén artista Manuel Figueiras.