Un documental, unha mostra e dous libros celebran o bicentenario de Añón

A Cidade da Cultura acolle o congreso sobre o poeta os vindeiros 4 e 5 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cartel do congreso Francisco Añón

Cartel do congreso Francisco Añón

Un dos máis destacados precursores do Rexurdimento, Francisco Añón, será rememorado os vindeiros 4 e 5 de outubro nun congreso con ocasión do bicentenario do seu nacemento. No encontro, que se celebrará na Cidade da Cultura, presentarase a exposición Añón, precursor do Rexurdimento, e estrearase o documental Añón na memoria realizado por Juan Silva e Óscar Sendón. Ademais, o presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, presentará o libro Poesías galegas, e Ramón Blanco o seu traballo Vida e obra de Francisco Añón, editado por Galaxia.

Canda a eles, no encontro intervirán Ramón Villares, a falar sobre xeración de 1846, Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero, ou Manuel García Sendón, que abordarán diferentes aspectos do traballo literario do homenaxeado.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Rexurdimento, Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero...