Unha publicación e un encontro conmemorarán o bicentenario de Añón

A cidade da cultura acollerá o acto os vindeiros 4 e 5 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Neste 2012 fanse 200 anos do nacemento de Francisco Añón, un dos poetas máis destacados do Rexurdimento. Para conmemorar a efeméride, os vindeiros 4 e 5 de outubro a Cidade da Cultura acollerá un encontro dedicado á súa figura, e Galaxia editará un libro sobre a súa vida e obra. A Consellaría de Cultura asinaba o pasado venres un convenio co concello de Outes para desenvolver o programa de homenaxes.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rexurdimento, Outes, Cidade da Cultura de Galicia, Editorial Galaxia