
Asimesmo, lembrou que as bibliotecas de nova creación contarán cuns fondos de 50.000 euros destinados especificamente para adquisición de banda deseñada. De cara ao futuro o director xeral sinala que se está a traballar co sector para favorecer unha nova estruturación máis cohesionada, e que continuará a política de adquisicón de bibliotcas e o apoio á presenza en eventos encol da novena arte.
Na súa pregunta, Ana Pontón denunciou, recollendo queixas do sector, a desaparición de varias das políticas de promoción do sector, como é a existencia de partidas específicas para a adquisición de banda deseñada en bibliotecas, a non convocatoria dos anunciados premios de banda deseñada e a falta de soporte para o certame Xuventude Crea ou as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, así como a ausencia de fondos para a adquisición específica de BD para bibliotecas e de apoio para a promoción do sector en feiras internacionais. López Rodríguez apuntou á diverxencia de intereses no seo do sector, a falta dunha postura común polo memos e mais a dificultades administrativas como causas da desaparición das bolsas de apoio á creación da BD e da non convocatoria dos premios que as ían substituír, así como a ausencia doutras medidas de apoio.
Os dous políticos coincidiron en sinalar o bo momento do que goza a banda deseñada galega e o prestixio internacional que están a obter moitos dos seus autores.



