Agustín Fernández Paz leva o XI Premio Ramón Piñeiro Facer País

As asociacións convocantes recoñecen o seu labor literario e o compromiso co país

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O XI Premio Ramón Piñeiro Facer País, que convocan catorce asociacións e entidades da comarca de Sarria, Láncara e o Corgo, foi para Agustín Fernández Paz. Segundo sinalaron os representantes do galardón, Fernández Paz foi escolleito por sucesivas votacións das asociacións convocantes entre 45 candidatos. Para alén dos seus amplos méritos literarios, entre os que a organización destaca a súa recoñecida contribución á literatura infantil e xuvenil, o xurado tivo en conta "o seu decidido compromiso con Galicia e a lingua galega" e apuntou "a sinxeleza do seu carácter, sempre alleo a xestos e actitudes personalistas e de autocompracenza" eu o fan "merecedor de ser considerado un dos bos e xenerosos".

Na presentación do galardón, Carlos López Sierra, secretario da Asociación Val de Láncara lembrou a Isaac Díaz Pardo e Avelino Pousa Antelo, que levaran cadanseu galardón e que faleceron no último ano. O acto de entrega celebrarase o vindeiro outono, en data aínda por determinar, en Láncara.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Agustín Fernández Paz, Ramón Piñeiro, Literatura...