As entidades convocantes realizarán a votación entre as candidaturas a finais do mes de agosto e o galardón, sen dotación económica e consistente nunha figura doada pola Escola de Arte Manuel Falcón, entregase o vindeiro outono. O acto de entrega está a convocar, de xeito habitual a máis de 400 persoas con presenza de boa parte da intelectualidade do paÃs. Mini e Mero, gañadores da anterior edición, serán os encargados de entregar o galardón ao novo premiado.
Os interesados en achegar propostas pódeno facer contactando coa asociación Val de Láncara ou no correo arroxo@edu.xunta.es