O X Premio Ramón Piñeiro-Facer País galardoa a Mini e Mero

O Consello da Cultura acollía esta mañá a presentación do premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Xosé Manuel Rivas Cruz, Mini e mais Baldomero Iglesias Dobarro, Mero, son os galardoados co Premio Ramón Piñeiro-Facer País na súa décima edición. Os dous músicos e activistas impuxéronse na votación do xurado entre as 29 candidaturas que presentaran as 18 asociacións e entidades da comarca de Sarria que participan neste galardón. O traballo de recuperación da tradición popular, o compromiso coa memoria histórica e a lingua, o labor no campo educativo e mais a carreira artística foron os argumentos que lles valeron aos gañadores o galardón. Representantes da organización anunciaron esta mañá o resultado na sede do Consello da Cultura Galega e adiantaron que entrega do premio está prevista para o vindeiro 15 de outubro cunha serie de actos que comezarán en San Xiao, capital do concello de Láncara. O premio está convocado pola Asociación Val de Láncara.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Manuel Rivas, Memoria Histórica, Asociacións...