Marica Campo recibe o XIII Premio Ramón Piñeiro "Facer País"

A súa candidatura impúxose entre as 29 presentadas por distintas entidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Cultural Val de Láncara e outros colectivos da comarca de Sarria e O Corgo veñen de outorgar o XIII Premio Ramón Piñeiro "Facer país" á escritora Marica Campo, segundo declararon nunha rolda de prensa convocada no Consello da Cultura Galega. A súa candidatura fo presentada por varias asociacións e o xurado, formado por representantes de once colectivos culturais, avaliaron o labor de Marica Campo "a prol do ensino en diversas comarcas contribuíndo á dignificación do galego como lingua vehicular", así como o seu traballo de creación e a súa loita e militancia en favor da presenza da muller na vida social, laboral e cultural.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marica Campo, Ramón Piñeiro, Asociacións, Asociación Cultural Val de Láncara...