Val de Láncara premia a Xurxo Souto co galardón Ramón Piñeiro Facer País

O músico, escritor e comunicador recollerá o premio o vindeiro 2 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeMúsicaLingua
Compartir:

Xurxo Souto (A Coruña, 1966) será o galardoado na décimo oitava edición do Premio Ramón Piñeiro Facer País, outorgado pola Asociación Cultural Val do Láncara. O xurado, formado por unha vintena de colectivos culturais das comarcas de Sarria, Val do Neira e Corgo, valoraron o "entusiasmo e forza" coa que o músico e escritor "fai país reivindicando a lingua e a cultura e contribuíndo a que os demais, e sobre todo a mocidade, as valoremos como parte fundamental da nosa identidade como pobo". A traxectoria de Souto como músico, especialmente como vocalista dos pioneiros Diplomáticos de Monte Alto, ou como locutor de radio, dirixindo espazos de referencia para espallar a música en galego entre a mocidade foi especialmente valorada para outorgarlle este recoñecemento de honra. O obxectivo de Val de Láncara coa entrega deste galardón é poñer en valor tanto a persoas, entidades e empresas, coma colectivos ou institucións que destacaron "polo seu labor de promoción, defensa e vertebración" da comunidade autónoma de Galicia. O Premio Facer País entregarase o 2 de novembro en Láncara nunha xornada que, como noutras edicións, reunirá representantes do mundo cultural de todo o país.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Souto, Ramón Piñeiro, Identidade, Sarria...

Claves

Conceptos
Lugares