A Mesa pola Normalización leva o premio Ramón Piñeiro

A Asociación Val de Láncara fixo o público fallo o pasado venres no Consello da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O XII Premio Ramón Piñeiro Facer País, que outorga unha quincena de asociacións culturais das comarcas de Sarria, Láncara e o Corgo, foi para A Mesa pola Normalización. O responsables da Asociación Cultural Val de Láncara, que coordina o galardón, facían público o fallo o pasado venres no Consello da Cultura Galega, logo de que representantes de todos os colectivos seleccionasen o gañador entre propostas abertas a toda a sociedade. A entrega do galardón, aínda sen data fechada, celebrarase a finais do mes de outubro.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Asociación Val de Láncara, Asociacións, Asociación Cultural Val de Láncara...