O sentido da vida

Sarabela Teatro adapta ao galego a novela de Fernando Fernán Gómez Viaxe a ningunha parte

A temática non podía ser máis axeitada ao contexto actual. Un grupo de cómicos percorre a península nunha xira apurados pola crise económica, o seus pasado de amores, desamores, desexos e frustracións. Viaxe a ningunha de Fernando Fernán Gómez é unha historia ben coñecida para o público como novela que logo se adaptou ao cinema e ao teatro. Sarabela Teatro preséntaa agora en galego nunha montaxe que se acaba de estrear no Auditorio Municipal de Ourense.

Ánxeles Cuña, a súa directora, explica que se trata “É a historia duns cómicos da legua que querían levar é un respiriño nunha sociedade marcada pola miseria e a fame, nun marco referencial impresionante con moita importancia antropolóxica social e artística… hai tenrura, riso, pranto, amor e morte… moitos sentimentos e emocións que se van enfiando nesta peripecia, e que ao final pode descubrir cal é o derradeiro sentido da viaxe"”.

Espectáculo de gran formato
Sarabela repite aposta por un espectáculo de grande formato, con sete actores e tira da súa bagaxe de adaptar ás táboas textos non teatrais como antes fixo con obras como A esmorga ou O lápiz do carpinteiro. “Sabemos que é unha obra que viu moita xente pero o imaxinarios funcionan así e confiamos nun equipo moi potente” explica Cuña. Fernando Dacosta, Josito Porto, Lino Braxe, Fina Calleja, Sabela Gago e Nati Borrajo son o elenco desta edición no que tamén está o actor novo Jorge Casas. “Fixemos un casting ao que se presentaron trinta actores e ao final fixémoslle probas a 12” explica Ánxeles Cuña que estaba moi contenta cos presentados porque demostra que hai futuro para o relevo xeneraciona. Suso Montero, RaquelFidalgo e Pedro Fresneda no equipo de deseño e Tito Asorey como adxuntade de dirección completan o apartado técnico do equipo.

Ligazóns