Onte foi un dÃa redondo para Voadora, o seu espectáculo Tokio 3 co que pechaba unha triloxÃa sobre o tempo e os lugares comúns, era finalista a premio Max como mellor espectáculo revelación. E horas despois, recibÃa outras nove candidaturas dos seus compañeiros de profesión por esa mesma montaxe. Entre elas, as máis cotizadas, mellor dirección e mellor espectáculo. Enfronte terá un duro rival, xa que unha das compañÃas máis laureadas da nosa escena, Sarabela Teatro, acumula dez candidaturas, tamén a mellor dirección e mellor espectáculo.
Por detrás están O método Ghönholm, a adaptación da coñecida obra de Jordi Garcelán, que opta a cinco galardóns (entre es mellor dirección e mellor actor protagonista); e Galicia CanÃbal, o musical de FIlmanova Invest, dirixido por Quico Cadaval, que opta a tres galardóns (mellor maquillaxe, mellor vestiario e mellor actor secundario).
Optan a mellor actriz Marta Pazos (Tokio 3), Marián Bañobre (Pequenos actos pseudorrevolucinonariosÂ…), Iolanda MuÃños (Malos hábitos), Camila Bossa (Malos hábitos), Ana Santos (Desfeitos). E a mellor actor, Artúr Trillo (O método Ghönholm), Hugo Torres (Tokio 3), Manuel Manquiña (A Función do Tequila), VÃctor Mosqueira (Románticos! e Xosé Manuel Olveira “Pico” por Kafka e a boneca viaxeira.
En total son 17 espectáculos os que optan a algunhas das xerras que se entregarán o vindeiro 27 de marzo, DÃa Mundial do Teatro. Será no Teatro RosalÃa de Casto da Coruña coa retransmisión da Televisión de Galicia.