Sarabela teatro ultima a representación da súa versión da novela “A conxura dos necios”

O conxuro de Sarabela

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Sarabela teatro atrévese con outra novela. Logo do éxito acadado polas adaptacións das novelas “A esmorga” e o “Lápis do carpinteiro”, agora prepara “A conxura dos necios”. E este traballo xa ten data e lugar: o 2 de outubro no Teatro Principal de Ourense. Logo de seis meses de traballo para reducir as 400 páxinas da novela e caracterizar as 15 personaxes, a adaptación da novela caracterízase polos cambios de ritmos na acción para conseguir, segundo publica hoxe La Región, “unha obra delirante divertida e na que haberá sorpresas para o público”.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O sentido da vida

O sentido da vida

Sarabela Teatro adapta ao galego a novela de Fernando Fernán Gómez Viaxe a ningunha parte

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sarabela Teatro, Esmorga, Teatro Principal de Ourense...