O Museo de Lugo presenta Pequeamigos, un club para público infantil

A proposta xorde logo do éxito das actividade de verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
O Museo de Lugo presenta Pequeamigos, un club para público infantil

Os catro museos que fan parte da Rede Museística da Deputación de Lugo acaban de presentar Pequeamigos da Rede. Trátase dun club para público infantil que ofrecerá actividades permanentes nos seus espazos. Cada membro contará cun carné identificativo e o acceso ao programa de actividades, aínda pendentes de discusión. A proposta xorde logo da boa acollida das actividades destinadas a este público durante o verán (Obradoiros como Enrédate na Rede e de Deseño e Moda, campamentos de arqueoloxía e xustas a cabalo) nas que participaron uns 200 rapaces.

A rede museística dependente da Deputación de Lugo inclúe a catro centros: o Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo-Fortaleza San Paio de Narla e o Pazo de Tor.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un soño de museos

Un soño de museos

A Rede de Museos de Lugo reflexiona sobre o seu propio traballo a partir da arte e os soños

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Lugo, Deputación de Lugo, Museos, Arqueoloxía...