En vivo: visitas á Torre de Hércules e didácticas para nenos en directo

As actividades retransmítense en directo e comezan ás 12:00 de hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
En vivo: visitas á Torre de Hércules e didácticas para nenos en directo

"Se ti non podes ir á Torre de Hércules, a Torre irá á túa casa". Así titulan a iniciativa da visita guiada que hoxe se realizará á Torre de Hércules, na Coruña, a partir das 12:00. A visita pódese seguir desde o facebook oficial da Torre de Hércules. E tamén ás 12:00 comezan as sesións virtuais da Rede Museística da Deputación de Lugo. Nestas sesións, desenvolvidas na plataforma Zoom, convídase aos nenos a crearen o seu propio museo. Era unha proposta xa existente na oferta didáctica da rede luguesa, que agora chega a Internet por mor do confinamento. “Día a día acompañaremos aos nenas e nenos para que creen os seus museos persoais con pezas de valor para eles, para que dialoguen cos seus maiores e recuperen a memoria, as raíces e a súa historia, para que debuxen, pinten, imaxinen e creen”, explica Encarna Lago, xerente da Rede Museística. Para participar cómpre inscribirse na dirección electrónica redemuseistica@gmail.com, a través da que lles facilitarán o enlace e os contrasinais de acceso.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Parabéns!

Parabéns!

A Unesco recoñece a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Facebook, Internet...