Un curso afondará no relación da obra de Carlos Casares co ensino

A cita tamén se achegará a conexión do escritor coa cultura catalá

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un curso afondará no relación da obra de Carlos Casares co ensino

Ilustrísima, Vento Ferido, Os escuros soños de Clío…. varios títulos da bibliografía de Carlos Casares son ou foron lecturas (obrigatorias ou recomendadas) no ensino secundario. Isto deu pé a que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo se centrase, no ano que se cumpren dez do seu pasamento, nesa relación do mundo do ensino coa produción literaria deste escritor.

O curso pretende, ademais de recuperar o interese do profesorado, suscitar o interese do alumnado universitario pola investigación académica do escritor. A cita, Carlos Casares, escritor e intelectual do seu tempo tamén ofrecerá unha das caras menos coñecidas do escritor, desvelando a súa relación coa cultura catalá. Investigadores e amigos do escritor como Víctor Freixanes, Barreiro Rivas, Dolores Vilavedra ou Marina Mayoral participan nesta cita que terá lugar do 5 ao 7 de setembro no Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Carlos Casares, Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Marina Mayoral...