Dossier: Carlos Casares, 10 anos de literatura e cultura

Accede a unha escolma de contidos dixitais sobre o escritor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ilustración de Kiko da Silva

Ilustración de Kiko da Silva

Cúmprense 10 anos da sorpresiva morte de Carlos Casares, o escritor e Presidente do Consello da Cultura Galega. Máis alá do simbolismo do número, a década do pasamento obriga a pensar en como Carlos Casares debe ser dado a coñecer ás novas xeracións de escolares ou que xa se cumpren as condicións para que o escritor poida ser designado como homenaxeado no Día das Letras Galegas na Academia. En culturagalega.org queremos homenaxear ao escritor facendo visibles os contidos dixitais que temos xa publicados sobre o escritor.

Carlos Casares, a morte dun escritor
Foi o noso especial realizado trala morte de Casares. Contén fotogalerías e valoracións sobre a súa morte.

Entrevista a Kristina Berg co motivo do cabonado da morte do escritor. Acompañámolo dunha fotogalería da súa vida.

Xoguetes para un tempo prohibido
Escoita dentro da publicación Poetas e Narradores nas súas Voces, na voz de Casares, un fragmento dunha das súas novelas máis representativas, Xoguetes para un tempo prohibido

O polbo xigante
Un dos relatos máis divertidos de Casares é este O Polbo Xigante que podes escoitar nunha divertida lectura de Casares. Moi recomendable seguir despois a tertulia que o escritor mantén co público.

Sobre a lingua e a literatura infantil
Dúas das súas grandes paixóns tiveron que ver coa defensa da lingua galega e da literatura infantil, á que se dedicou con devoción. Nestes audios podemos escoitar a súa opinión ao respecto.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Culturagalega, Literatura, Morte...