Políticas culturais: antoloxía de culturagalega.org

As directrices e políticas culturais acaparan a última entrega das antoloxías do portal

27/8/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Peneiramos nos arquivos de culturagalega.org, para localizar as reportaxes que dan conta das decisións, proxectos, acertos e fracasos da políticas culturais galegas. Nesta cuarta entrega, centrámonos nas actividades desenvolvidas polas entidades, axentes e protagonistas encargados de rexer e impulsar a cultura coas súas leis, normas, proxectos e programas. O Plan Galego das Artes Escénicas, os informes sobre o sector cultural ou a integración da consellaría de Cultura en Educacion son algunhas das reportaxes seleccionadas entre as publicadas neste medio na última década (2002-2012). A edición electrónica das antoloxías foi a cargo de Carlos García Moreno-Torres, con portadas de Miguel Alonso.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Artes Escénicas

Claves

Entidades
Conceptos