Este verán (ou o que se lle pareza) poderás levar contigo as nosas Antoloxías a onde vaias. Aínda que culturagalega.org xa ten doce anos de existencia, nas nosas Antoloxías recollemos reportaxes dos últimos dez anos (2002-2012) que retratan unha década de culturagalega. Esta primeira entrega versa sobre un tema moi querido en culturagalega.org: os movementos sociais e a cultura. A edición electrónica das antoloxías foi a cargo de Carlos García Moreno-Torres, con portadas de Miguel alonso.




