Ideas para crear: a segunda das antoloxías de culturagalega.org

Publicamos o segundo dos volumes de antoloxías xornalísticas

16/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Desde a fundación de culturagalega.org, no ano 2000, a liña editorial da plataforma pasa moito polo concepto de Así se fixo, como nas películas, pero aplicado a toda a cultura. O obxectivo non era tanto preguntar polo resultado final dun festival, dunha iniciativa empresarial cultural ou do traballo de asociacións veteranas senón coñecer como conseguen facer o que fan. É dicir, compartir xeitos de traballar, de crear e de construír. A escolma de hoxe en libro electrónico explora interesantes accións, iniciativas e proxectos culturais galegos dos últimos dez anos desde dentro, directamente desde os seus creadores. Un traballo de Cristina Mouriño na edición e Carlos García Moreno-Torres na produción editorial.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Asociacións

Claves

Entidades
Conceptos