O encontro audiovisual Conecta+ celebra a súa terceira edición este sábado 16 na Coruña. O evento, no que se darán cita uns 35 profesionais, seleccionou 18 proxectos galegos para lles dar a oportunidade aos seus creadores de entrar en contacto directo cunha decena de produtoras de dentro e fóra de Galicia. A Asocaición Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA, a Asociación Sindical Galega de Guionistas (Agag) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) organizan esta iniciativa, que conta co apoio da Axencia galega de Industrias Culturais (Agadic), de Galicia Calidade e da Fundación SGAE. O obxectivo é proporcionarlles os directores e/ou guionistas galegos unha plataforma desde a que dar a coñecer as novas propostas nas que están a traballar na procura de produtores que invistan na posta en marcha destes tÃtulos.
A organización convidou os responsables de empresas galegas como Bambú, Vaca Films, Frida Films, Portocabo, Agallas, Ollovivo e Gaitafilms, e de fóra de Galicia como Nadie Es Perfecto e Irusoin, produtora do filme Handia, que acaba de obter 13 candidaturas aos Premios Goya. Todos eles participarán nas reunións "un a un" cos creadores dos 18 proxectos, seleccionados entre 31 presentados. Durante a xornada, que se desenvolverá de 10,30 a 18,00 h. no Centro CÃvico da Cidade Vella da Coruña, tamén se propiciará a socialización entre o conxunto dos participantes para abordar as cuestións que lles afectan nas diferentes fases do desenvolvemento das producións audiovisuais.