A CTNL propón melloras no sistema de xestión dos CELGA

Considera o sistema certificación para a nosa lingua ten eivas en ámbitos como as validacións ou os materiais

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Mellorar a xestión das probas e dos cursos para a obtención do certificado oficial en lingua galega (CELGA). Este é o obxectivo da proposta que a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acaba de lle remitir á Xunta de Galicia e que se pode consultar na rede. Malia a considerar que o sistema de acreditación de coñecementos posto en marcha hai cinco anos ten puntos positivos, desde a CTNL apuntan tamén eivas na validación dos certificados anteriores, nos contidos dos materiais preparatorios, na organización dos cursos ou no formato das probas. Coa intención de paliar estes problemas, a asociación remitiulle á xunta unha proposta integral para mellorar a planificación e a xestión destes certificados.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CTNL, Lingua galega, Xunta de Galicia

Claves

Conceptos