Esta ano cúmprese un século do falecemento de Manuel Leiras Pulpeiro, poeta e filántropo mindoniense. A conmemorar o pasamento, o Concello de Mondoñedo está a desenvolver un intenso programa de actividades. Desde hoxe e ata domingo celébranse na memoria do literato as V Xornadas do Peregrino, nas que se analizarán diferentes aspectos do fenómeno xacobeo e da figura do homenaxeado, e que finalizan domingo cunha romaría. Canda a isto, están a se desenvolver, desde o pasado mes de xuño, representacións teatrais do texto "As verbas do ramo", de Leiras Pulpeiro, en diferentes parroquias do Concello, e a asociación Abrindo Camiño elaborou un roteiro por paisaxes e lugares vencellados á vida e á obra deste creador.
Mondoñedo celebra o centenario do pasamento de Manuel Leiras Pulpeiro
As V Xornadas do Peregrino, representacións teatrais e un roteiro fan parte do programa
23 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Leiras Pulpeiro, Mondoñedo, Xacobeo, Concello de Mondoñedo
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares